Dous monfortinos imputados por un incendio en Parada de Sil

O lume iniciouse o 20 de agosto pola noite no municipio ourensán e foi extinguido dous días despois. Os dous presuntos autores teñen 30 e 24 anos

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona), de Ourense, imputou a dous homes, E.C.S, de 30 anos, e a T.L.R, de 24, ambos veciños de Monforte de Lemos (Lugo), por un delito de incendio forestal en Parada de Sil.

Segundo informou o Instituto Armado, o incendio tivo lugar o pasado 20 de agosto pola noite horas no lugar de Portela (Parada do Sil, Ourense) e foi extinguido o día 22 pola tarde.

O lume afectou a dúas hectáreas de superficie, unha de monte raso e outra de arboledo. Na extinción deste incendio, participaron catro axentes forestais, dous avións lixeiros, dous helicópteros, dúas brigadas helitransportadas, sete brigadas de terra e cinco motobombas.

As dilixencias por estes feitos foron trasladadas ao xulgado de instrución número tres de Ourense.

Comentarios