Dous operarios feridos en Agolada e O Porriño

Un traballador caeu desde un tellado na Urbanización Fonte de Cántabras. O segundo afectado sufriu queimaduras de terceiro grao tras sufrir un accidente

Un operario caeu este luns desde un tellado mentres realizaba traballos de comunicacións na Urbanización Fonte de Cántabras, no concello de Agolada. 

Tras recibir o aviso dun particular, o peronal do 112 Galicia alertou a Urxencias Médicas, que desprazou unha ambulancia ata o lugar onde ocorreron os feitos.

Pouco antes, ao redor das 11.00 horas, rexistrábase outro accidente laboral no Polígono dás Gándaras, no Porriño. Un operario dunha empresa dedicada á soldadura sufriu queimaduras de terceiro grao tras un accidente mentres manipulaba aceite térmico. 

Comentarios