Dúas persoas feridas de gravidade tras unha colisión en Dumbría

Un camión portador de bombonas e un turismo chocaron de fronte na AC-552

Dúas persoas atópanse feridas de gravidade por mor dunha colisión frontal rexistrada no municipio coruñés de Dumbría entre un camión portador de bombonas de butano e un turismo, os dous transportes implicados, segundo informou o 112. 

Os Bombeiros de Cee excarceraron a estas dúas persoas que quedaron atrapadas no interior dos vehículos que manexaban. O sinistro ocorreu ás 08.00 horas deste luns, na estrada que une Cee e Dumbría, na AC-552, no punto quilométrico 81.500. 

Ao lugar desprazáronse os servizos sanitarios, Bombeiros de Cee, forzas da orde e efectivos de Protección Civil de Cee, Dumbría e Muxía. Os dous feridos foron trasladados polo persoal sanitario. 

Nun primeiro momento, non se apreciou perda na carga do camión, aínda que os servizos de urxencia comprobaron que non existisen fugas. A intervención do persoal de mantemento da autoestrada e a do servizo da empresa subministradora deste gas tamén foi requirida polo 112 Galicia. 

Comentarios