Atopan morto con signos de violencia a un condutor de autobús

O condutor dun autobús apareceu morto esta madrugada con signos de violencia, no municipio de Verín (Ourense), segundo informaron fontes da Garda Civil.

Segundo estas fontes, o corpo deste veciño de Verín de 59 anos foi atopado por axentes da Garda Civil sobre a 1,30 horas do luns, debaixo dun dos autobuses que conducía, na empresa Guerra.

O cadáver foi trasladado a un centro hospitalario de Ourense e hai aberta unha investigación para esclarecer os feitos.

Comentarios