En estado crítico unha nena de tres anos que caeu dun edificio en Tenerife

A pequena, de nacionalidade rusa, presenta un traumatismo cranioencefálico severo

Avenida José González Forte de Tenerife. GOOGLE MAPS
photo_camera Avenida José González Forte de Tenerife. GOOGLE MAPS

Unha nena de 3 anos e nacionalidade rusa está en estado crítico logo de caer dun edificio de Santiago del Teide, en Tenerife, segundo informou este luns o Centro Coordinador de Urxencias de Canarias, Cecoes-112. O incidente tivo lugar na Avenida José González Forte, no municipio norteño pasadas as 15 horas. 

A menor, que foi atendida polo Servizo de Urxencias Canario (SUC), presentaba traumatismo cranioencefálico severo, polo que foi trasladada en estado crítico nun helicóptero medicalizado ao Hospital Universitario Nuestra Señora de la Candelaria. O 112, tras recibir o aviso de que a nena se precipitou dun edificio "desde varios pisos de altura", activou os recursos de urxencia e desprazou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico. 

Escoltados por axentes de Policía Local e Garda Civil o persoal médico levou á nena ata o campo de fútbol de Porto Santiago, onde tomou terra o helicóptero medicalizado que a ía a trasladar ao Hospital. A Garda Civil, ademais de colaborar nestas tarefas, foi a responsable de instruír as dilixencias correspondentes para aclarar todos os extremos do ocorrido.