domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Extinguidos os incendios de Covelo e Rodeiro

Nos municipios pontevedreses arderon 40 e 20 hectáreas, respectivamente

A Consellería de Medio Rural deu por extinguidos senllos incendios forestais nos municipios pontevedreses de Covelo e Rodeiro, nos que arderon unhas 40 e 20 hectáreas, respectivamente.

O primeiro dos lumes rexistrouse ás 20:10 horas deste domingo na parroquia de Piñeiro e foi extinguido sobre as 05:20 horas, tras queimar 15 hectáreas de arboredos e o resto de monte raso.

Na extinción traballaron un técnico, dous axentes forestais e o persoal de seis brigadas, dúas motobombas e unha pa.

O segundo iniciouse ás 18:08 horas na parroquia de Riobó e foi extinguido ás 02:05 horas, polo traballo de catro axentes forestais e o persoal de dez brigadas, nove motobombas e catro helicópteros.

Extinguidos os incendios de Covelo e Rodeiro
Comentarios