Falece no hospital unha veciña de Castroverde que fora atropelada

Pilar Ferreiro, de 83 anos, é a vítima mortal do último accidente na perigosa travesía Rosalía de Castro

Travesía de Castroverde.
photo_camera Travesía de Castroverde. VICTORIA RODRÍGUEZ

Pilar Ferreiro Iglesias, unha veciña de Castroverde (Lugo) de 83 anos de idade, faleceu no Hula aos dous días de ingresar no complexo hospitalario lucense tras ser atropelada o pasado sábado cando, ao parecer, cruzaba un paso de peóns na perigosa travesía da vila lucense.

O accidente produciuse ás 19.30 horas do sábado, momento no que había escasa visibilidade na zona. Foi á altura do número 118 da avenida de Rosalía de Castro, que é por onde cruza a capitalidade municipal de Castroverde a estrada que une Lugo e A Fonsagrada (LU 530).

Como consecuencia do impacto, Pilar Ferreiro recibiu un forte golpe na cadeira e outras partes do corpo, lesións das que finalmente non se puido recuperar.

Comentarios