Falece un pescador en Ortigueira tras ser arrastrado por unha onda

Un particular alertou do suceso ao redor das 19.00 horas deste venres

Un pescador faleceu este venres en Ortigueira ao ser arrastrado por unha onda nos cantiis de Ladrido, segundo informa o 112.

Un particular alertou do suceso ao redor das 19.00 horas deste venres, polo que urxencias alertou a Salvamento Marítimo, que mobilizou á embarcación Salvamar Shaula e ao helicóptero Pesca II, desprazados ao momento.

O 112 solicitou tamén medios terrestres, polo que notificou os feitos ao Grupo de Urxencias Supramunicipal de Ortigueira; ademais da outros corpos como o Servizo de Gardacostas de Galicia e a Garda Civil.

O helicóptero Pesca II recuperou o corpo sen vida do pescador arrastrado por unha onda e trasladouno ao Hospital Naval de Ferrol.

Comentarios