miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Falece en Ourense ao caerlle unha pedra enriba cando traballaba na reparación dun muro

Unha septuaxenaria morreu esta tarde na localidade ourensá de Rairiz de Veiga tras caerlle enriba  "unha pedra de grandes dimensións" dun muro mentres efectuaba traballos, informou Urxencias 112.

O suceso ocorreu esta tarde ás 18:40 horas na parroquia de Congostro.

Fontes da Garda Civil detallaron que un matrimonio "estaba a reparar un muro de formigón" cando se desprendeu unha pedra.

A vítima é unha muller de 72 anos con iniciais C.G.S., que faleceu no punto.

Falece en Ourense ao caerlle unha pedra enriba cando traballaba na...
comentarios
ç