Falece nunha canteira de Carballeda de Valdeorras ao quedar atrapado por unha máquina

A vítima é un veciño do Barco de 43 anos que traballaba nunha canteira de lousa de Casaio

Un traballador de 43 anos, veciño do Barco, faleceu este venres ao mediodía nun accidente laboral ocorrido nunha canteira de lousa de Casaio, no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras.

Segundo informou o 112 e Garda Civil, o home quedou atrapado mentres manexaba unha máquina de cortar cable, nunha canteira situada na comarcal OU-122, á altura do quilómetro 20, en Carballeda.

Ata o lugar desprazáronse o Grupo de Urxencias Supramunicipais (GES) do Barco, servizos sanitarios e o helicóptero con base en Ourense, aínda que non puideron facer nada.

Ademais, o CAE 112 deu aviso aos bombeiros do parque comarcal, situado na Rúa, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

Comentarios