
A vítima, de 50 anos, fora trasladada ao Chus. O seu pai, que tamén ía no vehículo, morreu o venres
A muller que se atopaba ingresada no Chus de Santiago logo de caer o venres ao mar en Muros dentro dun vehículo xunto ao seu pai faleceu este sábado ao non lograr recuperarse das graves lesións que sufría. O seu pai xa falecera horas antes ao non lograr reanimalo os efectivos médicos.
A muller, de 50 anos e que trataba de aparcar na dársena muradá cando derrubou un valo, era natural de Carnota. Tiña o carné desde había poucos meses e o coche era automático.