Falece un home nunha saída de vía en Ribeira

A vítima tiña 46 anos

Un home de 46 anos faleceu este martes de madrugada nun accidente de tráfico rexistrado no municipio coruñés de Ribeira. 

O vehículo no que viaxaba a vítima, de iniciais F.F.T., saíuse da vía pouco despois das 04.30 horas. O ocupante faleceu no acto, a pesar dos esforzos do equipo sanitario.

Ao lugar foron enviados unha ambulancia asistencia e persoal da PAC de Ribeira.

Comentarios