Falece un neno de 14 anos arroiado por un turismo cando montaba en bicicleta

O suceso produciuse en Puertollano, pasadas as sete da tarde

Un adolescente de 14 anos faleceu este domingo en Almodóvar del Campo (Cidade Real) cando motaba en bicicleta e un coche chocou contra el.

Fontes do Servizo de Urxencias 112 informaron a Efe de que o accidente ocorreu ás 19:12 horas, na estrada CM-4110, a un quilómetro do núcleo urbano, en dirección a Puertollano.

Ao parecer, un grupo de nenos estaba a circular pola estrada, dúas deles en bicicleta, cando, por causas que se descoñecen, un turismo chocou contra unha das bicicletas, producíndose así a morte do mozo.

Ata o lugar do suceso desprazáronse axentes da Garda Civil e da Policía Local de Almodóvar del Campo, unha UVI e o médico de urxencias, que certificou o falecemento do mozo.

Comentarios