Ferida unha muller en Parla nunha deflagración ao abrir un sobre

O suceso podería estar relacionado co crime organizado

Unha muller de 40 anos resultou ferida sobre as oito da tarde deste xoves nunha deflagración que ocorreu cando manipulaba un sobre nunha vivenda do paseo República Dominicana de Parla.

A vítima, que presentaba feridas superficiais por metralla, foi atendida por sanitarios do servizo de urxencia médica da Comunidade de Madrid (Summa) e trasladada ao hospital da localidade madrileña con prognóstico moderado, indicou un portavoz de Urxencias 112. 

Técnicos especializados en desactivación de explosivos da Policía Nacional acudiron ao lugar do suceso para analizar os restos do sobre e descartar que houbese outros similares.

A Policía Nacional fíxose cargo da investigación do suceso.Os primeiros indicios apuntan a que a deflagración ten que ver co crime organizado, segundo adiantaron a efe fontes da Xefatura Superior de Policía.