Ferido de consideración un motorista en Tui tras chocar cun turismo

Tendrá un motor eléctrico de 136 caballos y un amplio y versatill espacio en su interior

Un motorista resultou ferido de consideración na tarde deste martes tras chocar a moto na que circulaba contra un turismo no municipio pontevedrés de Tui.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 13,45 horas deste mediodía, cando ambos os vehículos circulaban pola estrada PO-4040, no quilómetro 7.

Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos Bombeiros de Baixo Miño e de Protección Civil da localidade, así como mantemento de estradas.

O ferido foi asistido por persoal sanitario do 061 que, após reanimalo, trasladouno ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

ATROPELO EN CARBALLO

Por outra banda, unha muller resultou ferida esta tarde no municipio coruñés de Carballo ao ser atropelada por unha bicicleta na zona de Vilariño, en Cances.

O suceso ocorreu sobre as 17.00 horas e no operativo participou persoal do 061, así como os axentes de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Bergantiños e Protección Civil.