miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

Ferido grave un home atropelado por un autobús na Coruña

Oficina do 112. ARQUIVO
Oficina do 112. ARQUIVO
O accidente sucedeu sobre as 21.15 horas deste luns na Ronda de Outeiro

Un home resultou ferido de carácter grave tras ser atropelado na noite deste luns por un autobús de liña regular na cidade da Coruña. 

Segundo os datos facilitados pola Policía Local ao 112 Galicia, o home tivo que ser trasladado en estado grave ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac). 

O accidente sucedeu sobre as 21,15 horas deste luns na Ronda de Outeiro, á altura do cruzamento coa Avenida de Finisterre. Nese momento, o propio condutor do vehículo contactou co 112 Galicia para alertar do atropelo. 

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros da Coruña e dos membros da Policía Local e Protección Civil da localidade. 

Ferido grave un home atropelado por un autobús na Coruña