Ferido grave en Muros tras caer cando practicaba á delta

O home precipitouse  sobre a rampla de acceso ao porto

Un home resultou ferido de gravidade tras caer sobre a rampla de acceso ao porto de Muros cando realizaba un exercicio cunha á delta amarrado a unha embarcación. Como consecuencia do impacto, a persoa sufriu lesións graves, polo que tivo que ser evacuada por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.

Un veciño foi quen avisou ao 112 Galicia para dar conta do sucedido; e, a partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, participaron os axentes da Policía Local de Muros e o persoal de Salvamento Marítimo, quen descartaron enviar medios de rescate tras comprobar que a persoa caera sobre a rampla de acceso.