Ferido un home en Parada de Sil, Ourense, tras envorcar o seu tractor

O home foi atendido no mesmo lugar do accidente

Un home resultou ferido hoxe na localidade ourensá de Parada de Sil tras envorcar o tractor co que traballaba nunha leira.

O home foi atendido no mesmo lugar do accidente polos servizos médicos de urxencia, quen se encargaron de avisar, pasadas as cinco e media da tarde, ao 112 Galicia, que á súa vez informou aos axentes da Garda Civil de Tráfico de Ourense e a efectivos de Protección Civil da localidade.

Afortunadamente non foi necesaria a intervención do helicóptero medicalizado con base en Ourense para a atención do ferido.

Comentarios