Tres feridos leves nunha colisión cun camión cargado de explosivos en Valdeorras

Afortunadamente, non se rexistraron danos importantes e a carga transportada non supuxo "perigo" algún

Tres persoas resultaron feridas leves nun accidente de circulación consistente nunha colisión frontal dun turismo e un camión que ía cargado de explosivos. Como consecuencia do sinistro, segundo informou Urxencias, o turismo saíu despedido e envorcou nunha leira anexa á estrada.

O accidente ocorreu na mañá deste mércores, sobre as 9.45 horas, na estrada comarcal OU-0802 no termo municipal de Carballeda de Valdeorras. Afortunadamente, non se rexistraron danos importantes e a carga transportada non supuxo "perigo" algún de explosión.

Pola súa banda, os tres feridos foron evacuados ao hospital comarcal de Valdeorras, na provincia ourensá.