Achan morta dentro do seu vehículo á muller desaparecida na Coruña

O corpo non presentaba signos de violencia. Apareceu na praia do Pedrido, en Bergondo
Cristina Trasancos
photo_camera Cristina Trasancos

A veciña da Coruña que estaba desaparecida desde o pasado sábado foi achada este mércores sen vida no interior do seu vehículo na praia do Pedrido, no municipio de Bergondo.

Cristina Trasancos, de 45 anos, faltaba do seu domicilio desde o pasado sábado cando lle dixo ao seu marido que saía para facer unhas compras.

Segundo informa o Concello de Bergondo, o coche coa muller foi localizado ao redor das 13.00 horas deste mércores estacionado no aparcadoiro da praia do Pedrido. O aviso da presenza do coche deuno un veciño que recoñeceu o vehículo ao ver a foto en carteis difundidos nas últimas horas para reclamar a colaboración cidadá.

SEN SIGNOS DE VIOLENCIA. Segundo fontes consultadas por Europa Press, non se apreciaron signos de violencia. Tras localizar o corpo, a Policía Local deu aviso ao 112 e á Garda Civil, que se fixo cargo do caso.

Comentarios