Ferido en Vedra ao caerse cando fotografaba un evento deportivo

Foi evacuado en helicóptero desde o polideportivo municipal

Unha persoa resultou ferida o concello coruñés de Vedra tras sufrir unha caída dunha altura cando se atopaba fotografando un campionato deportivo. Os feitos tiveron lugar no polideportivo municipal de Vedra, lugar ao que foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

O 112 Galicia tivo constancia da situación ás 12.00 horas deste sábado, a través dun aviso de Urxencias Médicas. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao GES da Estrada, a Protección Civil e á Garda Civil.

Comentarios