Feridos unha nai e os seus dous fillos tras envorcar o seu turismo en Caldas de Reis

Unha nai e os seus dous fillos resultaron con feridas, inicialmente non graves, tras envorcar o vehículo que conducía a muller na estrada de Cuntis a Caldas, segundo informan fontes de Protección Civil.

Eran as nove da mañá cando o coche Renault Megane en que viaxaban os accidentados dirixíase cara a Cuntis. En San Andrés de César, o automóbil saíuse da estrada e envorcou.

A condutora, Susana Domínguez, sinalou que foi ao pisar a liña branca cando se lle foi o coche. Os fillos, de 4 e 7 anos, viaxaban na parte traseira do coche, nas cadeiras. A nai foi trasladada ao hospital Domínguez e os nenos ao hospital provincial, ambos de Pontevedra.

Comentarios