Interceptan a catro condutores ebrios durante a fin de semana en Vigo

Tras o choque entre dúas motos o sábado, un dos pilotos deu positivo no test de alcoholemia

Axentes da Policía Local de Vigo instruíron dilixencias xudiciais por senllos delitos contra a seguridade viaria a catro condutores, un deles motorista, interceptados esta fin de semana cando se atopaban baixo os efectos das bebidas alcohólicas.  

Tal e como informou a Policía Local, os primeiros condutores localizados foron un home de 38 anos ao que lle practicaron a proba de alcoholemia ás 00.30 horas en Cánovas do Castelo, e un segundo condutor de 37 anos ás 07.35 horas na rúa Zamora.  

Posteriormente, ás 21.34 horas do sábado na rotonda do Bicentenario dúas motocicletas, conducidas por homes de 34 e 44 anos, sufriron unha colisión lateral. Por mor do ocorrido realizóuselles o test de alcoholemia aos pilotos, un dos cales deu positivo.  

Finalmente, ás 07.15 horas do día de Nadal tivo lugar en Rosalía de Castro un accidente polo que un turismo se saíu da vía pola que circulaba. O condutor someteuse á proba de alcoholemia, arroxando resultado penal.

Comentarios