Investigan un crime machista en Valencia tras achar o cadáver dunha muller nun coche

Foron os seus amigos os que alertaron da súa desaparición

A Policía Nacional investiga un posible crime machista na cidade de Valencia tras atopar o corpo dunha muller con signos de violencia no maleteiro dun coche no barrio de Patraix.

O cadáver, segundo informaron fontes policiais, foi achado na medianoite do sábado no interior dun vehículo, tras alertar os amigos da falecida sobre a súa desaparición.

Varios medios de comunicación publican este luns que a vítima é unha muller de 33 anos, de orixe uruguaia pero con nacionalidade española, e que a investigación policial céntrase en pescudar o paradoiro do seu compañeiro sentimental, de nacionalidade colombiana.