Juárez non descarta ''absolutamente nada'' no caso da morte da menor

O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, afirmou hoxe que os investigadores non descartan "absolutamente nada" nas pescudas para explicar a morte da nena de 12 anos atopada onte en Teo (A Coruña) con signos de violencia.

Antes de asistir a unha conferencia do presidente da Xunta en Santiago, Juárez recordou que a investigación está baixo segredo de sumario e indicou que está confirmado que "non houbo agresión sexual".

Ademais, sinalou que "todo indica que o lugar onde apareceu (a menor) non é o lugar no que faleceu; polo tanto, foi trasladado a un lugar aparentemente visible para que fora atopada pronto".

Juárez dixo que "todas as vías (de investigación) están abertas e que non se descarta nada".

Preguntado expresamente pola contorna da nena, o delegado do Goberno insistiu en que non se descarta absolutamente nada, nin da súa contorna nin de fóra da súa contorna: non se pode aventurar ningunha hipótese".

Tamén dixo que se están rexistrando as chamadas, como se adoita facer habitualmente, para tratar de reconstruír todo o que pasou desde a última que vez que a menor foi vista con vida.

Juárez transmitiu o seu pésame á familia e achegados da nena e tamén "a todas as persoas que sentan afectadas por este feito".

Comentarios