Xulgan ao garda civil que colaborou cunha banda por tráfico de drogas

O axente asaltou aos narcos xunto a membros do clan os 'Morones', entre os que destaca Marino Giménez
Marino Giménez, tras ser detenido en abril de 2016
photo_camera Marino Giménez, tras ser detenido en abril de 2016

A próxima semana celebrarase o xuízo —na sección quinta da Audiencia de Pontevedra—, contra a banda do crime que intentou subtraer a outros narcotraficantes unha partida de cocaína. Aínda que o agravante do caso, é que aos cacos foron axudados por un axente da Garda Civil. 

O garda atópase entre os sete procesados, da mesma forma que os dous narcotraficantes que foron vítimas de asalto nun control fictício nunha gasolineira de Mos. En xaneiro de 2014, os cinco procesados que formaban parte dun grupo organizado planaron asaltar aos narcos e quitarlles medio quilo de cocaína que logo distribuirían.


No rexistro á casa de Mariño Giménez atopáronse armas de fogo, drogas e varios teléfonos móbiles

Á cabeza deles situábase Marino Giménez —irmán de Sinaí Giménez, autodenominado 'príncipe dos xitanos'—, polo cal a Físcalía pide penas que oscilan ente os catro e 12 anos, por un delito contra a saúde pública e pertenza a grupo criminal, así como o de tenencia ilícita de armas. 

A fraude contou cun falso control policial, alí o axente imputado procedeu a darlles o alto utilizado un vehículo rotulado da Garda Civil. O acusado apareceu uniformado, e facendo exhibición da súa arma regulamentaria. Acompañáballe outro axente, que segundo a Fiscalía non ve acreditado coñecemento da actuación do seu compañeiro.

Nese instante, membros da Policía Nacional que seguían os pasos dos asaltantes abortaron a operación, e detiveron aos procesados. Marino Giménez foi intervido con 1.040 euros, e dous teléfonos móbiles.

Comentarios