A Garda Civil investiga "un disparo ao aire" no Milladoiro

A detonación produciuse hai un mes durante un roubo nun local hostaleiro

A Garda Civil investiga un "disparo ao aire", sen danos, efectuado durante un roubo rexistrado hai un mes na poboación de Milladoiro, no municipio coruñés de Ames.

Segundo informaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, os feitos sucederon hai un mes aproximadamente cando axentes perseguían a uns individuos con motivo dun roubo nun establecemento hostaleiro.

As mesmas fontes aclararon que se efectuou un "disparo", pero non houbo danos persoais nin materiais. Por iso, en función do reglamente da Garda Civil, abriuse unha investigación para "saber a orixe do disparo".

Como se trata dunha investigación aberta en curso, por parte do Instituto Armado puntualizaron que non poden facilitar información sobre detalles ata que se aclaren os feitos.

Comentarios