Localizan o cadáver dun home de 46 anos na praia de Touro en Ribeira

A Policía Local cre, á espera de que se confirme a información, que o falecido vivía na rúa

Playa de Touro, en Ribeira. GOOGLE MAPS
photo_camera Praia de Touro, en Ribeira. GOOGLE MAPS

Un home de 46 anos foi localizado falecido na mañá deste sábado na praia de Touro en Ribeira, segundo informou o servizo de urxencias do 112 Galicia. O corpo foi atopado ao redor das 11.40 horas por un particular que contactou co 112 para alertar de que o cadáver se atopaba semienterrado na area. Enseguida, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, da Policía Nacional, o Local e a Autonómica. 

Fontes da Policía Local precisaron que o corpo se atopaba nunha zona de pedras onde a auga chegaba ata a cintura, moi próxima ao paseo marítimo. O falecido non é veciño de Ribeira e a Policía Local cre, á espera de que se confirme a información, que vivía na rúa. 

De momento descoñécense as causas do falecemento.