domingo. 25.07.2021 |
El tiempo
domingo. 25.07.2021
El tiempo

Morre o empresario Alfonso Paz Andrade nun accidente de tráfico en Gondomar

El turismo que conducía Paz Andrade. GES VALMIÑOR
O turismo que conducía Paz Andrade. GES VAL MIÑOR
Foi conselleiro delegado de Pescanova e era o único fillo do intelectual e empresario Valentín Paz Andrade

O empresario Alfonso Paz Andrade perdeu a vida este luns nun accidente de tráfico en Gondomar, nas inmediacións da súa vivenda. O coche no que viaxaba bateu contra o muro dunha casa no lugar de Area. Alfonso Paz Andrade, que tiña 80 anos, foi conselleiro delegado de Pescanova e era fillo do escritor, empresario, xurista, e político Valentín Paz Andrade.Afonso Paz Andrade. SALVADOR SAS

Ata o lugar do accidente acudiron, ademais dos servizos sanitarios que nada puideron facer por evitar a morte, os Bombeiros do Baixo Miño e o GES de Val Miñor. O corpo quedou atrapado dentro do vehículo e foi necesario excarceralo xa sen vida polos Bombeiros do GES. Tamén se mobilizaron a Garda Civil e a Policía Local.

Paz Andrade chocou co vehículo que conducía e no que viaxaba só contra o muro dunha vivenda pouco antes das 15.30 da tarde

TRAXECTORIA. Fundador en 1970 da empresa Ibercisa, Paz Andrade incorporouse a Pescanova en 1976, empresa da que saíu en 2006 polas súas diferenzas co entón presidente Fernández de Sousa.

Durante a súa dilata traxectoria profesional, que o mantiña aínda activo, participou na fundación doutras empresas como a aseguradora La Naviera ou o Instituto Galego de Información, dirixiu a revista Industrias Pesqueras e presidiu o comité executivo da World Fishing Exhibition. Paz Andrade foi membro de varias asociacións sectoriais de pesca, así como vicepresidente de Mutua Galega, e vicepresidente do consello de Novacaixagalicia. 

No ámbito cultural, foi membro do Consello da Cultura Galega, pertenceu á Fundación Castelao e ás Neira Vilas, Luís Seoane, Fundación Galicia-Europa, Fundación Caixa Galicia e Fundación Saes. 

Coñecido o seu falecemento, o Grupo Nueva Pescanova, en nome das "10.000 persoas que forman parte da compañía", trasladou o seu máis sentido pésame a familiares, achegados e amigos, á vez que brindou o seu "máis sincero apoio nestes duros momentos tamén a toda a familia da revista Industrias Pesqueras, referente do sector, e a todo o equipo de Ibercisa". 

A compañía destacou o seu labor á fronte de Pescanova, que "contribuíu dun xeito extraordinario ao desenvolvemento da empresa para convertela no que, co paso dos anos, é hoxe o Grupo Nueva Pescanova". 

Morre o empresario Alfonso Paz Andrade nun accidente de tráfico en...
ç