Morre atropelado na A-52 na Gudiña cando trataba de apagar un lume no seu camión

O condutor da furgoneta implicada resultou ileso

Un camioneiro faleceu ao ser atropelado na tarde do xoves cando trataba de apagar un incendio no seu vehículo na autovía A-52, no termo municipal da Gudiña (Ourense). 

Segundo informou a Guardia Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 19.40 horas do xoves no quilómetro 132,2 da autovía A-52 na Gudiña. 

Fontes do 112 Galicia precisaron a Europa Press que o camioneiro foi atropelado cando trataba de sufocar un incendio no seu camión, que transportaba coches. 

O falecido, un veciño de Ourense de 43 anos, concretou o Instituto Armado, morreu após ser atropelado por unha furgoneta Fiat Dobló, cuxo condutor resultou ileso. A néboa puido ser a causante do accidente.

Comentarios