Morre unha nena de nove meses ao precipitarse por un balcón na Rioxa

O bebé foi atendido por persoal médico e de enfermería, aínda que non puideron facer nada pola súa vida

Unha nena de nove meses morreu tras precipitarse por un balcón dun terceiro piso dun edificio situado no municipio rioxano de Lardero, a uns cinco quilómetros de Logroño.

O Concello de Lardero, nunha nota, sinalou que o suceso ocorreu nun edificio situado na confluencia da rúa Eduardo González Gallarza e a avenida de San Marcial de Lardero, nas proximidades do colexio Eduardo González Gallarza e do centro de saúde do municipio.

O consistorio explicou que, de forma inmediata e dada a proximidade do centro de saúde de Lardero, o bebé foi atendido por persoal médico e de enfermería.

Minutos despois sumouse persoal médico do centro de saúde do próximo municipio de Alberite aos labores de reanimación, sen que estas fixeran efecto.

Tamén se desprazaron ata o lugar do suceso os servizos sanitarios do 112 do Goberno da Rioxa.