Un nonaxenario mata a súa muller de 95 anos en Toreno

O home, que vivía coa vítima nunha residencia de maiores, foi detido

Hospital Comarcal del Bierzo. GOOGLE MAPS
photo_camera Hospital Comarcal do Bierzo. GOOGLE MAPS

Unha muller de 95 anos faleceu tras ser agredida polo seu marido, tamén de 95 anos e que foi detido, na residencia de maiores na que vivían os dous na localidade de Toreno (Leon), segundo informou este martes a Subdelegación do Goberno nun comunicado.

Os feitos tiveron lugar o pasado 11 de xaneiro no interior dunha das residencias de maiores existentes na localidade de Toreno, cando a vítima presuntamente foi agredida polo seu marido. A muller fuer trasladada ao hospital Comarcal do Bierzo de Ponferrada, mentres que o seu marido foi detido.

O xulgado de primeira Instancia e instrución de Garda de Ponferrada fíxose cargo da instrución do caso.

Comentarios