Morre unha moza de 20 anos tras asfixiarse nun concurso de comer 'hot dog'

O suceso tivo lugar en Boston, Estados Unidos, onde é habitual este tipo de eventos
Un perrito caliente. DP
photo_camera Un perrito caliente. DP

Unha moza de 20 anos faleceu en Boston, Estados Unidos, tras atragantarse nun concurso para comer hot dog. A muller foi trasladada ao hospital, onde morreu horas despois.

A falecida era unha estudante da Universidade Tufts de Massachusetts chamada Madelyn Nicpon. O centro universitario emitiu un comunicado lamentando a perda da alumna, que morreu nun evento benéfico, xa que os beneficios do concurso destinaríanse a fins solidarios. 

Os alumnos da Universidade Tufts participaron nunha multitudinaria homenaxe celebrada tras a morte de Nicpon. 

Comentarios