Morre un home despois de ser atropelado en Carballeda de Valdeorras

A vítima foi alcanzada por un turismo cando camiñaba pola estrada

Un home de 82 anos con iniciais V.F.V. faleceu vítima dun atropelo rexistrado no municipio de Carballeda de Valdeorras, en Ourense, informou Urxencias Sanitarias.

O 061 indicou nun comunicado que a vítima, este octoxenario, morreu no punto, e que a alerta se recibiu na central ás sete deste xoves.

Até o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial e persoal do Punto de Atención Continuada (PAC) de O Barco.

Comentarios