O Goberno desvincula o tiroteo de Santiago do conflito dos mercados no sur de Pontevedra

O delegado en Galicia, Santiago Villanueva, atribuíu a un conflito familiar a liorta entre clans xitanos producida o sábado na capital galega

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, desvinculou este luns o tiroteo rexistrado na capital galega, onde tres persoas foron detidas por mor dunha liorta entre clans xitanos, do problema dos mercados de Bouzas e Coia, suspendidos por feitos similares pero sen relación.

"O caso que se produciu en Santiago o sábado pola noite non ten nada que ver cun conflito que segue existindo, e que é o dos mercados. Este (o de Santiago) foi un conflito familiar entre dúas familias. Viña duns días antes e concluíu o sábado, cando se produciu ese detonante", apuntou nun acto na Coruña no que acompañou á ministra de Fomento, Ana Pastor.

O suceso de Compostela tivo lugar ao redor das seis da tarde nun supermercado do polígono de Costa Vella da capital galega, nas proximidades da nave de MerkAsia e dun supermercado.

Comentarios