A prisión por violar tres veces ao canguro dos seus fillos en Alacante

Ademais o home deulle malleiras á muller e aos seus propios fillos

Un home de 38 anos foi enviado a prisión provisional acusado de violar en tres ocasións en Calpe (Alacante) á coidadora dos seus fillos, unha muller de nacionalidade marroquí de 29 anos.

Fontes da investigación informaron este martes de que o arresto do home, súbdito de Kuwait, ocorreu o pasado día 12 e que, tras pasar a disposición de xulgado de Instrución número 2 de Dénia, o xuíz decretou o seu encarceramento sen fianza un día despois.

O home contratara á vítima como coidadora interna dos seus dous fillos, de 5 e 8 anos, nunha vivenda dunha urbanización de Calpe, e ademais das violacións investigadas atribúenselle malleiras á muller, que presenta feridas o corpo e no rostro, así como ameazas de morte.

Tamén sería responsable de agresións físicas aos seus dous fillos.

A situación coñeceuse despois de que a vítima fuxise do domicilio e pedise axuda á Policía Local, que detivo ao home cando abandonaba a vivenda en compañía dos seus fillos.