Regresa a casa o grovense desaparecido desde o venres pasado

Marcos da Silva, de 40 anos, volveu polos seus propios medios e en bo estado de saúde
Marcos Da Silva Montaos
photo_camera Marcos Da Silva Montaos

O veciño do Grove que levaba desaparecido desde o pasado venres regresou a casa pola súa propia vontade e en bo estado de saúde o mércores pola tarde. Marcos da Silva Montao, de 40 anos, non ten teléfono móbil e sofre unha discapacidade. Durante a súa ausencia estivo en Vigo.

A súa familia, que presentou denuncia ante a Garda Civil, indicou que nunca se ía de casa sen avisar. Reside co seu irmán no barrio de Virxe das Mareas, pero a noite do venres non foi a durmir a casa e durante cinco días non se soubo nada del. Ao final, a historia tivo final feliz co seu regreso.

Comentarios