Rescatado un piragüista que caeu ao Sil en Nogueira de Ramuín

O home non necesitou asistencia sanitaria

Un piragüista foi rescatado este luns tras caer ao río Sil cando navegaba pola zona de Santa Cristina, en Nogueira de Ramuín (Ourense).

Segundo informa o 112 Galicia, foi unha embarcación particular a que rescatou ao home, que non necesitou asistencia sanitaria. Con todo foron avisados o GES de Pereiro de Aguiar, Protección Civil e Garda Civil.

Unha empregada do servizo de catamaráns do río chamou ao 112 Galicia ás 14.20 horas desta tarde para indicar que un home acababa de caer á auga e non era capaz de subir á súa piragua.

Comentarios