Rescatan de madrugada a un pescador ferido ao caer nunhas rochas na Guarda

Os membros do GES da Guarda rescataron esta pasada noite a un home que sufriu unha caída nas rochas mentres pescaba en Camposancos, no concello da Guarda.

O mesmo implicado foi quen, ao fío das 00:00 horas, solicitou axuda ao 112 Galicia, indicaba que sufrira unha caída e necesitaba asistencia. A partir de aí, os xestores de urxencias pasaron aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos membros do GES. Tamén, informaron aos Bombeiros de Baixo Miño e á Garda Civil.

Nada máis chegar ao lugar e, posto que o home atopábase nunha zona de difícil acceso, foi necesario o uso dunha padiola para evacuar a persoa e trasladala a unha ambulancia.