Rescatan a un becerro dun pozo en Rodeiro

O suceso tivo lugar na parroquia de Camba ► O animal quedou atrapado a seis metros de profundidade

Os efectivos de urxencia rescataron na tarde deste martes en Rodeiro a un becerro que caeu a un pozo. O animal quedou atrapado a uns seis metros de profundidade. Os feitos tiveron lugar en Aboldrón, na parroquia de Camba. 

Unha persoa particular alertaba da situación ao 112 Galicia ás 14.00 horas da tarde. Indicaba que o animal permanecía con vida, pero que non era capaz de rescatalo polos seus propios medios. 

O persoal da central de urxencias do 112 alertou aos Bombeiros do Deza e ao GES de Lalín. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil.

Comentarios