Un home resulta ferido por un disparo de escopeta en Carballeda de Avia

O home atopábase nunha canteira. Tivo que ser trasladado en helicóptero ata un centro hospitalario

O helicóptero medicalizado con base en Ourense mobilizouse durante a tarde deste domingo para atender a un home que resultara ferido por mor dunha ferida de bala en Carballeda de Avia, no lugar de Vilar de Condes.

Segundo apuntaron os técnicos sanitarios, o home recibira un disparo accidental de escopeta cando se atopaba na coñecida como canteira do Louro, no concello ourensán

O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso ao fío das 15:30 horas de hoxe e, de inmediato, informou as forzas da orde, GES de Ribadavia e Protección Civil.

Comentarios