Enormes retencións en Santiago tras un accidente entre tres camións na AP-9

O suceso tivo lugar á primeira hora do venres

A AP-9, ao seu paso por Santiago, rexistra quilométricas retencións en sentido A Coruña por un accidente no que se viron implicados tres camións. Ocorreu á primeira hora deste venres no punto quilométrico 67, da AP-9, na entrada norte da capital galega. Por fortuna, ningunha persoa resultou ferida o suceso.

Tras recibir o aviso dun alertante, ao fío da 08:00 horas, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Comentarios