Sen feridos nun choque entre un camión e un turismo en Taboada

O sinistro provocou retencións de ata 30 vehículos nese punto da N-540

A colisión entre un camión e un turismo rexistrada este mércores na Nacional 540 á altura do municipio lugués de Taboada saldouse sen feridos.

O sinistro produciuse ao redor das 13.40 horas no punto kilómetrico 38,8 da estrada que une Chantada con Lugo. O camión transportaba placas metálicas de gran tonelaxe.

Nun principio, non houbo feridos pero finalmente chamouse o 061 porque un ocupante do coche sufriu unha crise de ansiedade. Ata o punto desprazáronse efectivos dos Bombeiros, GES de Monterroso, Garda Civil e 061.

Apenas unha hora e media despois do accidente, a vía permanecía aínda cortada. De feito, chegaron a rexistrarse retencións de ata 30 vehículos.

Comentarios