Un accidente xera novas retencións en Rande

Un dos carrís en sentido Pontevedra foi temporalmente pechado ao tráfico

O tráfico de vehículos rexistra retencións na zona da ponte de Rande debido a un accidente, segundo informaron fontes da DXT. Un dos carrís en sentido cara a Pontevedra foi temporalmente pechado debido ao sinistro, o que xerou eses atascos.

As retencións concéntranse entre os quilómetros 147,2 e 152 da autoestrada AP-9 e están a afectar tamén aos ramais de acceso a esa infraestrutura viaria.

Comentarios