Os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 307 da A-52 ao redor das 16.25 horas
Un camión que circulaba pola A-52 perdeu a carga que transportaba. Os materiais, pezas de automoción, caeron á A-55 nun punto que conflúe por baixo con primeira vía. Unha parte da carga quedou na beiravía e outra finalizou no río Loiro.
Os feitos tiveron lugar no punto quilométrico 307 da A-52 e no 14 da A-55. O 112 Galicia recibía alerta do ocorrido por parte dun particular ás 16:25 horas.
Enseguida, o CAE 112 Galicia informaba do sucedido á Garda Civil de Tráfico, que solicitaba a intervención do servizo de mantemento da estrada. O 112 Galicia pasou o aviso tamén a Protección Civil de Mos e á Policía Local. O acceso da A-55 cara a A-52 foi cortado.