Un imputado por cazar xílgaros sen permiso en Pazos de Borbén

Ao ver aos axentes do Seprona, o home foise do lugar, pero acudiu despois voluntariamente ao cuartel

A Garda Civil imputou un delito de atentado contra a fauna a un veciño de Redondela ao que sorprendeu cazando xílgaros sen permiso en Amoedo (Pazos de Borbén).

O home, E.M.F., de 45 anos, usaba para a caza seis xílgaros como reclamo, que levaba en cazas, xunto a unha rede tipo xaponesa e unha liga -pegamento-. 

Ao ver aos axentes dos postos do Seprona do Porriño e de Fornelos, o home foise do lugar, pero acudiu despois voluntariamente ao cuartel.

Os axentes rexistraron máis tarde un aviario da súa propiedade no que atoparon 19 xílgaros e 16 gaiolas, artes de caza e utensilios.

As dilixencias serán remitidas aos xulgados de Redondela.

Comentarios