Un incendio calcina parte dunha adega de Crecente

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia, pero ningunha persoa necesitou asistencia médica

Un incendio rexistrado este xoves nunha adega de viño do municipio pontevedrés de Crecente saldouse con danos materiais, xa que as chamas calcinaron un almacén das instalacións, situadas na parroquia de Quintela. Foron varias as persoas que chamaron ao 112 Galicia para alertar dos feitos, todas elas ao fío das 10.30 horas da mañá.

Desde a central de urxencias do 112 informouse aos Bombeiros de Ponteareas e aos do Baixo Miño, ao GES de Ribadavia e á Garda Civil. A situación tamén foi posta en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias. De feito, os efectivos médicos decidiron enviar ao momento unha ambulancia, aínda que ningunha persoa necesitou asistencia.

Comentarios