Un incendio nun garaxe calcina unha moto e un quad en Tomiño

O lume orixinouse na madrugada deste domingo e non provocou danos persoais

Os Bombeiros de Baixo Miño extinguiron na madrugada deste domingo un incendio que se propagou no garaxe dunha vivenda particular situada na Rúa Muros, no concello pontevedrés de Tomiño.

Unha vez que os efectivos de extinción apagaron o lume, confirmaron ao persoal do 112 Galicia que, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais, pero que o lume, calcinou na súa totalidade unha moto e un quad que había no interior do garaxe.

Foron os mesmos donos da vivenda quen, ao redor das 04:30 horas da madrugada, alertaron ao CAE 112 Galicia. A partir de aí, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pasou aviso aos bombeiros e aos membros do GES da Guarda. Tamén informou á Garda Civil.

Comentarios