Un incendio nunha oficina provoca o desaloxo dun parador en Ourense

O suceso tivo lugar ao fío das 20.30 deste martes, onde non houbo que lamentar danos persoais

O persoal de mantemento do Parador sufocou este martes un lume que se iniciou nun cuarto destinado a oficinas situado no baixo cuberto do Parador Santo Estevo de Ribas de Sil, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín.

Tras recibir a alerta dun particular, sobre as 20:30 horas deste martes, o CAE 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron efectivos do GES de Pereiro de Aguiar e de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. Con todo, e debido ao fume orixinado, as persoas que se aloxaban no Hotel foron desaloxadas por precaución mentres os servizos de urxencia ventilaban o local. Desde o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración da Garda Civil.

Comentarios