Un incendio nun camión provoca retencións na N-120 ao seu paso por Nogueira de Ramuín

Trátase dun vehículo de transporte especial, que cargaba a aspa dun muíño de vento

Un camión de transporte especial sufriu unha avaría este venres e unha das súas rodas comezou a arder cando percorría a N-120, ao seu paso por Nogueira de Ramuín. O lume foi sufocado, pero como consecuencia do incidente, o tráfico tivo que ser cortado en sentido Vigo, causando importantes retencións. 

Trátase dun vehículo de transporte especial, que carga a aspa dun muíño de vento. Cando faltaban uns minutos para as seis da tarde, o condutor púxose en contacto co 112 Galicia. Indicou que estaba a arder unha das rodas do camión e, a pesar de baleirar o extintor, continuaba ardendo. Deseguido, os xestores do Centro de Atención ás Urxencias de Galicia avisaron aos membros do GES de Pereiro de Aguiar e aos voluntarios de Protección Civil da vila. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico.


Afortunadamente, ninguén resultou ferido

Comentarios